Translate

domingo, 8 de octubre de 2017

O NOSO PROXECTO “Desenterrando os nosos tesouros: A illa de Ons”

Comenzamos co noso proxecto anual. Dentro da temática “Desenterrrando os nosos tesouros, o alumnado de primeiro e segundo, traballaremos A ILLA DE ONS.






Como actividade de motivación visitounos Arturo Sanchez Cidrás, investigador do patrimonio local, que nos narrou lendas de seres mitolóxicos da nosa contorna: londras da cova, rochas feridas, calamar xigante…  e nos falou do patrimonio da Illa de Ons.






Recibimos tamén a visita de Julio Santos Pena, un dos mestres da illa da década dos 70. Durante a visita contou aos nenos/as anécdotas da vida na illa. Os alumnos/as fixeron numerosas preguntas ao mestre hoxe xubilado. Julio Santos anunciou aos docentes e alumnos/as que está a piques de publicar un libro titulado “Ons no meu corazón”.




A motivación rematará o martes 10 de outubro coa visita á ILLA. Contaremos cun guía de luxo, Cesáreo, bisavó dun dos nosos alumnos, Cesáreo de 2º de primaria.

Na seguinte entrada reportaxe da visita.

1 comentario:

  1. Cando o meu neno chegou a casa, non parou de contarme lendas que lle ensinou Arturo, tamen o profe que estivo na illa...nos estábamos expectantes e desexando que nos contara máis cousas pois descoñecíamos moitas delas e iso que visitamos todolos veráns a nosa illa preferida!!!

    ResponderEliminar