Translate

lunes, 18 de febrero de 2019

Obradoiros da Asociación Española contra o cancro



O 15 de febreiro, día no que recordamos a todos os nenos e nenas enfermos de cancro, acudiron á nosa escola, voluntarias da AECC para ofrecernos obradoiros sobre hábitos saudables. Non desperdiciamos a ocasión para aprender sobre a importancia do descanso, o exercicio físico e a dieta equilibrada. E proba disto, que durante os recreos de toda a semana, a nosa merenda foi froita fresca doada pola asociación.

Moitas grazas polos consellos, terémolos moi en conta!!!!


Iago López visita a nosa biblioteca



O 15 de febreiro Iago López presentou  na nosa biblioteca“O cociñeiro Martiño”. Alí se transformou en cociñeiro e xunto con algúns axudantes fixeron unha fermosa e divertida adaptación do conto.

Grazas Iago López e a Editorial Anaya!!!


domingo, 3 de febrero de 2019

Un patio para todos



Coa idea de reformar o noso patio contamos coa colaboración dos pais de Roi Davila: Luís e Mari. Fixeron un fermoso mural na parede do pavillón. A temática fai alusión a aspectos da contorna como a vendima e o mar e outras que lle apaisoan ao pintor como viaxar. Na pintura colaboraron nenos e nenas de terceiro a sexto e tamén algúns profes. Despois de tres días de traballo, Luís Davila pasou por Radio Faladoiro, e foi entrevistado por nenos e nenas de segundo.
No seguinte enlace podedes escoitar a entrevista

Moitísimas grazas!!!!





Día da Paz


O 30 de xaneiro, celebramos o día da paz. As once e media tivo lugar a lectura do manifesto a cargo do alumnado de cuarto e sexto. A continuación toda a comunidade educativa cantou a canción Apertas que voan de Paco Nogueiras , e todos xuntos desfrutamos, como xa é tradición, dunha chocolatada pola Paz.

O equipo de Biblioteca agasallou aos nenos e nenas sementando libros pola paz, e o equipo de dinamización da Lingua recolleu no seu mural moitas das ideas traballadas. 

Durante as semanas previas decoramos corredores e entrada principal con mensaxes  e follas, seguindo na liña do proxecto O espertar das sementes, e traballamos a figura de Wangari Maathai.

E como non podía ser doutro xeito, fixemos un programa especial da Paz en Radio Faladoiro para colaborar con Ponte nas Ondas. Os alumnos/as de primeiro e segundo gravaron a parte da programación, mentres que terceiro foi encargado de facer entrevistas aos participantes.




No seguinte enlace podedes escoitar o programa que fixeron primeiro e segundo de primaria.

Premio Traballo por Proxectos. DESENTERRANDO OS NOSOS TESOUROS. A ILLA DE ONS


Estamos de noraboa!!! Acadamos  o premio ao traballo por proxectos do curso pasado, onde traballamos A ILLA DE ONS.

Dende aquí queremos agradecer a todas as persoas que nos axudaron neste camiño; Sanchez Cidrás, Julio Santos, Mari Acuña e Luís Davila, María do Caño, as nais e pais da Anpa, e tamén ao resto de nais e pais, a cada un dos profesores que colaboraron con nós, a prensa por facerse eco da noticia e por suposto aos rapaces e rapazas por esa paisón no descubrimento de Ons…sen vós nos sería posible!!!

GRAZAS!!!






Fixéronnos unha entrevista na Radio, en Cope Pontevedra. Podes escoitala no seguinte enlace (a partir do minuto 43:20) Enlace