Translate

miércoles, 1 de noviembre de 2017

SAMAÍN

Logo dunha semana de ambientación e preparación chegou unha das festas que máis nos gustan. As familias trouxeron unhas fermosas cabazas relacionadas co noso proxecto centrado na illa de Ons, polo que non faltaron polbos, barcos, piratas,illas, peixes...
Os nenos/as de primeiro e segundo de primaria decoramos a entrada do colexio coa propia temática da festa.

O 31 de outubro celebramos o Samaín que se levou a cabo grazas á colaboración das familias e do profesorado.

A ANPA encargouse de organizar maquillaxe e cociña no que fixemos bruxas e tortitas mountruosas.

     


Os contacontos foron realizados polos papás de Roi, Luís Davila e Mari Acuña que nos contaron contos de medo e lendas de Ons ilustradas con proxección.

   
A profe Raquel encargouse das apócemas máxicas e o profe Jose E. do truco trato.


Fermoso día para a convivencia de toda a comunidade educativa. Grazas a todos pola vosa colaboración, tamén ao resto do profesorado pola ambientación do colexio. 
Xuntos todo é máis doado, e sen vós non sería o mesmo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario