O 27 de febreiro visitounos Sabela Gago que nos ofreceu unha animación grazas a editorial Santillana. É Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago Titulada en Maxisterio, sección de Ed. Preescolar Especializada en “Técnicas de Expresión” pola Escuela de Expresión do Concello de Barcelona . Homologada polo INEM na especialidade de Teatro. Ten cursos de diversas disciplinas teatrais e entre outras cousas é actriz e formadora de docentes. Esta é a sua páxina web www.sabelagago.com
Falounos de Martín, un neno que estaba aburrido. Os seus pais compráronlle diferentes agasallos pero a el non lle gustaban. Ata que descubriu que cun lápis el era moi feliz.
Ao remate os alumnos/as de segundo de primaria animámonos a facerlle unha entrevista na nosa radio. Se pinchades no enlace podedes escoitala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario