Translate

sábado, 20 de octubre de 2018

Unha nova forma de traballar … ÁREA DE CIENCIAS NATURAIS


Comezamos cunha nova ilusión, unha clase diferente no que caben contidos teóricos, manualidades, cantigas, experimentos, proxectos…..

Todos os mércores os nenos/as de primeiro e segundo xuntámonos na biblioteca e durante dúas horas traballamos ciencias.

Neste primeiro trimestre traballamos o corpo por dentro e o corpo por fóra, dun xeito cooperativo. Neste bloque estudamos os aparatos cos que funcionamos, ósos, músculos, articulacións os sentidos e os hábitos saudables.

  



Tamén desfrutamos da aprendizaxe por servizo na que os nenos/as de 6º acudiron a facer un taller sobre sentidos.

  


E por suposto que todo o traballado o relacionamos co noso proxecto O ESPERTAR DAS SEMENTES. Na última sesión, quixemos relacionar as árbores co corpo humano, e en grupos descubrimos as respostas a preguntas coma estas As árbores poden adelgazar? As árbores teñen grans? Como se manteñen as árbores erquidas? As árbores teñen veas? Como respiran as árbores?


  



SEGUIREMOS APRENDENDO CIENCIAS….

No hay comentarios:

Publicar un comentario