Este mércores,14 de novembro, @s nen@s de 3º fomos de excursión á Coruña acompañados dos compis de 4º,5ºe 6º e dos nosos profes!
Foi unha saída moi completa e non perdemos nin un só minuto xa que visitamos moitos lugares chulos!
Primeiro fumos ao museo MUNCYT e alí fixemos un taller de renovación do solo para concienciarnos da importancia que teñen os incendios incontrolados e como de deteriorado deixan a nosa terra galega.
Tamén nos ensinaron varias salas deste museo de ciencia e tecnoloxía, como a do avión Lope de Vega
que transportou o Guernica de Picasso e alí o teñen exposto, a sala cos robots tan divertidos que falaban e por último tomamos as nosas deliciosas e elaboradas comidas no comedor do museo.
Despois de comer fumos correndo para o Aquarium Finisterrae da Coruña, alí visitamos a sala do Nautulis co tiburón toro Gastón, a sala Maremagnum e a parte exterior coas divertidas focas.
Foi un día moi completo e pasámolo pipa!!!
:)
No hay comentarios:
Publicar un comentario