O 15 de febreiro,
día no que recordamos a todos os nenos e nenas enfermos de cancro, acudiron á
nosa escola, voluntarias da AECC para
ofrecernos obradoiros sobre hábitos saudables. Non desperdiciamos a ocasión
para aprender sobre a importancia do descanso, o exercicio físico e a dieta
equilibrada. E proba disto, que durante os recreos de toda a semana, a nosa
merenda foi froita fresca doada pola asociación.
Moitas grazas polos consellos, terémolos moi en conta!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario