Translate

lunes, 4 de noviembre de 2019

Samagosto = Samaín + Magosto



Un ano máis desfrutamos das festas do Samaín e do Magosto nun día. 

Na primeira parte da mañá celebramos o Samaín con obradoiros de maquillaxe, truco o trato apócema máxica e super contos a cargo de Mary Acuña e Luís Davila.

A partir das 12:00 horas chegou a hora do magosto co tradicional asado de castañas xogos tradicionais e disco dance.

Non fallaron as cabazas adornadas de superheroes aportadas polas familias, e corredores e espacios comúns foron decorados seguindo a temática do proxecto anual, con fotocol incluído.

E a pesar da climatoloxía a festa saíu de medo…

Grazas a todas as familias que colaboraron con nós para que fose un éxito!!!






No seguinte enlace podedes pinchar e escoitar os programas de radio que o alumnado de primeiro e segundo de primaria preparamos no contexto lingüístico.


No hay comentarios:

Publicar un comentario