Celebramos o nacemento de Rosalía. Traballamos a súa figura
como a dunha superheroína da nosa lingua, dentro do noso proxecto dos
superheroes. Profundizamos na súa biografía e obra no contexto lingüístico,
realizando distintas actividades innovadoras que aquí vos presentamos. O día do
acto común realizamos un recitado de poemas e visionamos un dos vídeos
realizados co croma. Tamén nos acompañou Marcelo Dobode que nos deleitou con
cantigas do seu novo traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario