As actuacións do festival de fin de curso tiñeron relación co proxecto "A ILLA DE ONS".
A actuación do alumnado de primeiro foi "Desenterrando os
nosos tesouros A ILLA DE ONS" con sombras chinesas. Representaron con esta
técnica unha historia de Ons na que aparecen os tesouros da Illa.
O alumnado de segundo realizou unha adaptación dunha obra musical titulada “
O trasplante”. É unha historia de humor na que un home enferma, os doutores din
que curará en Ons, pero ao chegar ao barco non lle deixan subir porque din que
alí non hai doutor. Entón realizan o tratamento oportuno e cando parece que
está curado cae. Os doutores rematan convencidos de que onde sanará será en
Ons.
No seguinte video podedes ver as actuacións. A de primeiro está ao comezo do vídeo e a de segundo está a partir do minuto 4:44.
No hay comentarios:
Publicar un comentario