Translate

domingo, 19 de noviembre de 2017

MANUALIDADE A ILLA DE ONS

Comezamos cunha actividade plástica da illa. Logo da búsqueda dun mapa demos volume con plastilina de cores verdes, sinalamos as praias que faremos con area. Unha vez rematada, localizaremos os lugares máis destacados.

Aquí vos adiantamos o noso traballo que aínda está sen rematar




TRABALLANDO AS EMOCIÓNS

Como cada venres a profe Mariló  fixo unha sesión para traballar as emocións. Nesta ocasión o conto era LÁGRIMAS BAJO LA CAMA. Logo dun gran traballo sobre o conto, descubrimos que chorar non é malo, que hai que mostrar o que sentimos….
E así ilustramos e escribimos  o que nos produce bágoas.



Nos encantan as visitas de Mariló dos venres!!!

A MIÑA CABAZA

Nesta ocación acudimos a biblioteca para facer unha descrición sobre as nosas cabazas, todas relacionadas co noso proxecto sobre a illa de Ons. 
Fixemos un traballo de expresión escrita na que non faltaron  os polbos, as praias e o faro da nosa illa, o noso tesouro.





jueves, 16 de noviembre de 2017

O MONSTRO DAS EMOCIÓNS

Todos os xoves nos acompaña a profe Mariló para ensinarnos a coñecernos mellor! Identificamos as nosas emocións a través do noso monstro enleado, do tarro das bágoas, da pantasma dos medos... gracias a ela, podemos identificar o que nos sucede a nós mesmos e aos demáis! Grazas, profe Mariló!
O monstro e a súa amiga.

Carla desenleando ao monstro.

Xavi axudando ao monstro a identificar as súas emocións.

Roi clasificando as emocións.

A profe Mariló e Noa descubrindo emocións a partir de imaxes.

Aroa axudando ao monstro a atopar o equilibrio.

O grupo ao completo.

Clasificamos as emocións que coñecemos.
Abrazo a profe Mariló! Temos que mostrar as nosas emocións para entendernos!

Xogando co dado das emocións.

domingo, 12 de noviembre de 2017

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O 10 de novembro celebramos o magosto no noso cole. Castañas asadas e chourizos asados para todos/as  grazas a ANPA, xogos populares e música . Viva o San Martiño!!!


Traballando nos cadernos de investigación

Nesta ocasión, son traballos de expresión escrita, por unha banda redactamos as visitas de Sánchez Cidrás e Santos Pena e tamén como aconteceu o noso día na illa de Ons. Aproveitamos o billete do barco para facer outra actividade de compresión e atención. 
Aquí vai unha mostra gráfica.
  

miércoles, 1 de noviembre de 2017

SAMAÍN

Logo dunha semana de ambientación e preparación chegou unha das festas que máis nos gustan. As familias trouxeron unhas fermosas cabazas relacionadas co noso proxecto centrado na illa de Ons, polo que non faltaron polbos, barcos, piratas,illas, peixes...
Os nenos/as de primeiro e segundo de primaria decoramos a entrada do colexio coa propia temática da festa.

O 31 de outubro celebramos o Samaín que se levou a cabo grazas á colaboración das familias e do profesorado.

A ANPA encargouse de organizar maquillaxe e cociña no que fixemos bruxas e tortitas mountruosas.

     


Os contacontos foron realizados polos papás de Roi, Luís Davila e Mari Acuña que nos contaron contos de medo e lendas de Ons ilustradas con proxección.

   
A profe Raquel encargouse das apócemas máxicas e o profe Jose E. do truco trato.


Fermoso día para a convivencia de toda a comunidade educativa. Grazas a todos pola vosa colaboración, tamén ao resto do profesorado pola ambientación do colexio. 
Xuntos todo é máis doado, e sen vós non sería o mesmo!!