Translate

sábado, 8 de febrero de 2020

Celebramos o día da Paz


Ao redor doutra  superheroína Malala, centralizamos a celebración do Día da Paz. Malala loitou polo dereito á igualdade e á educación de todos e todas. E como non podía ser doutro xeito, recibiu o Premio Nobel da Paz .

Traballamos arreo no contexto lingüístico sobre O lapis Máxico de Malala. Tampouco falataron noticias  relacionadas coa temática. Logo de todo o traballado tocounos realizar o Manifesto da Paz para a celebración deste día co resto de compañeiros/as do cole.


Neste acto común, o alumnado de 5 anos agradeceron a participación económica das familias coa ONG WWF para apadriñar catro animais que están en perigo de extinción pola contaminación. Tamén cantamos unha canción´, e non faltou o xa tradicional chocolate pola Paz que pretende unha xornada de convivencia con toda a Comunidade Educativa.

Pasamos por Radio Faladoiro. No seguinte enlace podedes escoitar o Manifesto pola Paz e o agradecemento do alumnado de 5 anos.