Translate

lunes, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADES MATEMÁTICAS

Ola!!

Para esta semana propóñovos ver este conto e facer os retos que vos plantexo ao final.

Picade na imaxe para acceder ao conto!



E agora atentos ás propostas de actividades!! Picade na imaxe:



Podedes facer un debuxo ou unha foto das vosas respostas e envialo a: ceipdatorrecela@gmail.com

Adiante!! A buscar matemáticas por casa!!

Bicos,

Miriam

jueves, 26 de marzo de 2020

BAILAMOS "CUPID SHUFFLE"

Moi boas Familias,

A proposta de hoxe de Educación Física vén da man de Katie, a nosa Auxiliar de Conversa. É unha coreografía de baile moi sinxela, un "line dance" moi popular nos Estados Unidos que se chama CUPID SHUFFLE. 
A versión que vades a ver é moi sinxela, pero se vos atrevedes con algo un pouco máis complicado, botádelle un ollo ao Blogue de 3º a 6º. 

A mover o corpo!!!






lunes, 23 de marzo de 2020

XOGOS E ACTIVIDADES PARA "ANDAR POR CASA"...SEGUNDA PARTE

Boas Familias, 

Neste enlace podedes ver unha nova proposta de xogos, seguindo a liña das recomendacións anteriores, feitos con materiais que doadamente podemos ter nas nosas casas. Son un pouco máis complexos cos anteriores e nalgúns casos, teredes que axudalos, pero lembrade que o máis importante é pasar un bo rato ao tempo que nos movemos e que, xa de paso de xogar, melloremos as nosas capacidades.

Gozade moito!

domingo, 22 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA

Ola! 

Aquí deixamos un resumo con enlaces de todas as tarefas que poderes ir facendo estes días nas vosas casas.

MATEMÁTICAS

- Xogos online en https://vedoque.com

- Prácticas diarias coa app Smartick (tedes os usuarios e contrasinais no Abalar)


LINGUAS

Lecturas comprensivas para 1º: https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2017/06/COLECCIÓN-LECTURAS-COMPRENSIVAS-1º-PRIMARIA-SAFA-ANDUJAR-parte-1.pdf


Lecturas comprensivas para 2º: https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2017/01/lecturas-comprensivas-1.pdf 

Dictados para 1º e 2º:  https://drive.google.com/file/d/1-Bo9zRZG_INC5LK_5OkwzkG8N5EvvdeV/view?usp=sharing

Lembrade facer 15 minutos diarios de lectura en voz alta, cos contos que máis vos gusten!


MATEMÁTICAS E LINGUAS

Se tedes posibilidades de imprimir estes cadernos son moi atractivos:

- Caderno para 1º  https://info.tekmaneducation.com/hubfs/Cyberclick-EMAT-ES/1_EMAT_ES/1_POLO_DE_LIMON_ES.pdf?utm_source=landing&utm_medium=ematencasa&utm_campaign=descarga&hsLang=en 


- Caderno para 2º https://info.tekmaneducation.com/hubfs/Cyberclick-EMAT-ES/2_EMAT_ES/2_POLODELIMON_ES.pdf?utm_source=landing&utm_medium=ematencasa&utm_campaign=descarga&hsLang=en


MATEMÁTICAS, LENGUA, CIENCIAS E INGLÉS

Recurso moi completo con videos explicativos e materiais moi interesantes: https://www.rtve.es/educlan/6-8-anos/ 

PLÁSTICA
Para estes días gustaríanos que confeccionedes un cartel deseñando un superheroe con superpoderes para atravesar situacións de emerxencia e que loita contra un virus ata vencelo!

Tamén sería interesante facer cos nenos un cartel para pendurar nas ventás co arco da vella e coa mensaxe "Todo sairá ben". Algún de vós seguro que xa o tedes feito.



Animádevos tamén a participar no muro colaborativo que estamos facendo a nivel de centro en https://padlet.com/ceipdatorrecela/super

Ademáis na nosa web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiptorrecela/ tedes os enlaces a outros blogs como o de música, dinamización da lingua e biblioteca que podedes visitar para ver máis propostas.


Con moitas ganas de vernos. Saúdos e saúde!!

As titoras


sábado, 21 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE RELIXIÓN

Ola, bo día familias!:

Espero que o esteades pasando o máis levadeiro posible.

Envíovos unha serie de propostas de actividades de traballo para repasar. Podedes facelas en folios ou libretas que teñades a man.

Xa sei que teredes otras tarefas pero trátase de que fagades o que boamente poidades e saibades ( 1 ou 2 cada catro ou cinco días), e se algo non entendedes, deixádeo e á volta xa falamos.

Repito, con calma e sen agobios, para entreterse e lembrar o dado.

E tende en conta que do aburrimento tamén se poden sacar cousas interesantes e moi positivas.

Seguro que axiña nos vemos, ánimo e un saúdo moi grande....

Picade na ligazón para ver os documentos:

- Primeiro de primaria: documento
- Segundo de primaria: documento

Unha aperta!

Profe Manolo

 

domingo, 1 de marzo de 2020

Día de Rosalía


Celebramos o nacemento de Rosalía. Traballamos a súa figura como a dunha superheroína da nosa lingua, dentro do noso proxecto dos superheroes. Profundizamos na súa biografía e obra no contexto lingüístico, realizando distintas actividades innovadoras que aquí vos presentamos. O día do acto común realizamos un recitado de poemas e visionamos un dos vídeos realizados co croma. Tamén nos acompañou Marcelo Dobode que nos deleitou con cantigas do seu novo traballo.





Entroidando no Torre-Cela!!!


Durante a semana do entroido os cativos acudiron á escola según o mandado de Torriño. Non faltaron pixamas, Rosalías e bascalleiros. E como non podía ser doutro xeito o cole encheuse de superheroes para dar o broche final á festa . O venres 21 de febreiro tivo lugar o gran desfile con actuación de comparsas. Primeiro e segundo de primaria foron disfrazado de Super Mar, superhéroes do Mar, reivindicando a concienciación de todas as persoas en contra da contaminación e baixo o lema DEIXA DE TIRAR PLÁSTICOS AO MAR! Non faltou a actuación cantada e a degustación de postres típicos do Entroido aportados polas familias.