Translate

lunes, 26 de marzo de 2018

MARCOPOLA



E por fin chegou o día....


Logo de traballar , durante o segundo trimestre a coleción de cómics Marcopola, recibimos ao seu escritor e ilustrador, Jacobo Fernández Sérrano.

Debuxou algúns dos personaxes, respondeu ás nosas preguntas , firmou exemplares e confirmounos que haberá un próximo Marcopola.

Grazas a editorial Anaya por achegarnos a Jacobo.


E como xa comeza a ser visita obrigada, pasou por Radio Faladoiro para ser entrevistado.





domingo, 11 de marzo de 2018

As nosas mulleres



Para celebrar a Semana da Prensa e o 8 de marzo, Día Internacional da Muler, organizamos diferentes actividades.

Os traballos realizados en familia, consistiron  en convertirse en reporteiros e elaborar novas sobre mulleres da contorna.

Como actos centrais para a Celebración do 8 de Marzo, os nenos/as de 2º de primaria, recibimos a visita das nais de Lola, Diego, Francisco e Daniela. Todas nos contaron en que consiste o seu traballo diario, como chegaron a el e como perciben o papel da muller na sociedade actual.
E como non podía ser doutro xeito, foron entrevistadas en Radio Faladoiro. Se pinchades no enlace podedes escoitar o programa dos nenos/as de 2º de educación primaria.



Moitas grazas a todas!!!



  
    
  

lunes, 5 de marzo de 2018

Cartas das Emocións




Chegounos tamén esta proposta da nosa e biblioteca e por suposto que participamos. Fixemos unha carta en onde plasmamos emocións: a un amigo, a un tío, aos nosos pais e mesmo aos curmás.

Aquí vos deixamos o resultado da nosa gravación de radio



sábado, 3 de marzo de 2018

Rosalía de Castro

O 24 de febrero celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Unha vez máis pedimos colaboración ás familias. A proposta foi decorar nunha cartolina e plasmar versos de Rosalía.




  


  
Fermosos traballos adornan as nosas fiestras para homenaxear á autora 
Grazas Familias!!!

Se pinchades nos enlaces podedes escoitar o recitado dos poemas gravados na Radio Faladoiro do Ceip Torre Cela.




jueves, 1 de marzo de 2018

Visita SABELA GAGO

O 27 de febreiro visitounos Sabela Gago que nos ofreceu unha animación grazas a editorial Santillana. É Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago Titulada en Maxisterio, sección de Ed. Preescolar Especializada en “Técnicas de Expresión” pola Escuela de Expresión do Concello de Barcelona . Homologada polo INEM na especialidade de Teatro. Ten cursos de diversas disciplinas teatrais e entre outras cousas é actriz e formadora de docentes. Esta é a sua páxina web www.sabelagago.com

Falounos de Martín, un neno que estaba aburrido. Os seus pais compráronlle diferentes agasallos pero a el non lle gustaban. Ata que descubriu que cun lápis el era moi feliz.




Ao remate os alumnos/as de segundo de primaria animámonos a facerlle unha entrevista na nosa radio. Se pinchades no enlace podedes escoitala.