Translate

martes, 28 de abril de 2020

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA...EN CASA

Bos días rapazada!

Hoxe é o Día da Educación Física na Rúa....en Casa, así que, para celebralo, vos propoño que fagades algunha actividade relacionada coa Educación Física na vosa casa, que vos parece? Xogos, bailes, ximnasia, circuitos...o que se vos ocorra, pero o importante é MOVERSE!
Aquí vos deixo tamén unha divertida actividade que nos propón o COLEF (Consejo General de la Educación Física y Deportiva) Se queredes, podedes compartir os vosos vídeos e fotos no novo PADLET DE EDUCACIÓN FÍSICA, premendo AQUÍ. Pasádeo moi ben!


jueves, 16 de abril de 2020

MÁIS XOGOS DE "ANDAR POR CASA"

Boas de novo Familias, 

Hoxe vos propoño facer unhas carreiriñas pola nosa casa, pero levando algo nas nosas mans: UN PAPAVENTOS!

NESTE ENLACE tedes as instruccións para construír un dun xeito moi, moi sinxelo, e que pode voar sen necesidade de que haxa vento, só tedes que CORRER!

Moito ánimo e....A XOGAR!!!

miércoles, 15 de abril de 2020

lunes, 13 de abril de 2020

AMAZING EASTER EGG HUNT with KATIE

Boas Familias!

Volvemos de novo da man da nosa encantadora Auxiliar Katie, que nos sorprende cun fantástico vídeo para preparar unha EASTER EGG HUNT, moi divertida! Dádelle ao "play" e....a APRENDER e a XOGAR!


viernes, 3 de abril de 2020

EASTER EGG HUNT

Boas familias,

Como xa estamos case en Pascua, que vos parece facer na casa un xogo divertidísimo relacionado con esta temática? NESTE ENLACE atoparedes as instruccións dunha EASTER EGG HUNT, para xogar en familia. The EASTER BUNNY esconde os ovos e os demáis... a buscalos! 

Este xogo está baseado no que realmente xogan en EASTER os rapaces e rapazas de países de fala inglesa, como os Estados Unidos, de donde é Katie.

Se vos apetece saber un pouco máis desta tradición, pinchade na imaxe de abaixo, e poderedes ver un traballo realizado por unha compañeira de outro cole, onde explica toda esta celebración á perfección.

HAPPY EASTER!

Easter Celebrationsin the United StatesCEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ –OURENSEBy Erika Nielsen


jueves, 2 de abril de 2020

Actividades Musicais

Aquí están as actividades propostas polo profe Jose. Premendo na imaxe podedes visitalas. Animádevos, son actividades moi divertidas para días de cuarentena.

https://jmarinocordeiro.wixsite.com/tarefascuarentena/1o-e-2o-de-primaria