Translate

domingo, 22 de octubre de 2017

PREPARANDO SAMAÍN

Na vindeira semana comezan os preparativos para unha das festas que máis nos gustan, Samaín. Para comezar, o equipo de dinamización da lingua nos propuxo decorar mazorcas, tradición que se extende nalgunhas zonas de Galicia. Tamén as familias están a traballar na busca de lendas de medo e a partir da vindeira semana comezarán a chegar as nosas cabazas da Illa de Ons.









domingo, 15 de octubre de 2017

Saída a ILLA DE ONS

O 10 de outubro visitamos a illa de Ons como actividade de motivación.















Acompañounos a nai de CesáreoEva, que nos servíu de guía. Ao chegar nos agardaba o bisavó de Cesáreo que nos ensinou os aparellos de pesca que utiliza.

















Unha camiñata para visitar o faro e o seu museo. Alí nos agardaba Gerardo que nos deu una bonita clase.

















Paradiña para o xantar no merendero do camping, un pouco de parque e de novo camiñata.



Fomos ata o museo que está situado na antiga escola da illa. De alí trouxemos información dabondo para comezar o noso proxecto.














Xogos na praia e volta a casa.
  



Grazas a todos os que axudastes na nosa visita.

Prometemos voltar!!


Os nosos primeiros traballos sobre Ons. O LIBRO DA ILLA DE ONS








Aproveitamos a hora de ler para traballar este conto titulado “O libro da Illa de Ons”. Nel dous amigos adéntranse nas illas e coñecen os seus tesouros.




Como Traballo de expresión escrita fixemos un resumo do mesmo e acompañámolo dunha ilustración.

domingo, 8 de octubre de 2017

O NOSO PROXECTO “Desenterrando os nosos tesouros: A illa de Ons”

Comenzamos co noso proxecto anual. Dentro da temática “Desenterrrando os nosos tesouros, o alumnado de primeiro e segundo, traballaremos A ILLA DE ONS.






Como actividade de motivación visitounos Arturo Sanchez Cidrás, investigador do patrimonio local, que nos narrou lendas de seres mitolóxicos da nosa contorna: londras da cova, rochas feridas, calamar xigante…  e nos falou do patrimonio da Illa de Ons.






Recibimos tamén a visita de Julio Santos Pena, un dos mestres da illa da década dos 70. Durante a visita contou aos nenos/as anécdotas da vida na illa. Os alumnos/as fixeron numerosas preguntas ao mestre hoxe xubilado. Julio Santos anunciou aos docentes e alumnos/as que está a piques de publicar un libro titulado “Ons no meu corazón”.




A motivación rematará o martes 10 de outubro coa visita á ILLA. Contaremos cun guía de luxo, Cesáreo, bisavó dun dos nosos alumnos, Cesáreo de 2º de primaria.

Na seguinte entrada reportaxe da visita.

domingo, 1 de octubre de 2017

Saída a Bueu


O 12 de setembro o Concello de Bueu convidounos ao Festival Internacional de Curtametraxes (FICBUEU2017). 

No centro social de Bueu visionamos unha chea de curtos moi interesantes.


Aproveitando a visita polo concello visitamos o Museo Massó










Benvidos ao novo curso!


O 11 de setembro iniciamos o curso 2017-2018. Logo dunha presentación cos profes tivemos unha xornada de xogos con todos os nenos/as do cole.