Translate

sábado, 30 de marzo de 2019

Esta semana... unha chea de actividades!!!


O luns,  25 de marzo, os nenos/as de 1º e 2º  visitamos o salón do libro salón. Este ano a temática é a Revolución e o autor homenaxeado Antonio García Teijeiro . Logo dun percorrido polo salón onde observamos e aprendemos, acudimos ao auditorio  a ver a obra Mai Mai, da man da compañía Boabab Teatro.



O mércores 27, na clase de ciencias, para rematar o noso proxecto sobre as plantas, construímos trampas para velutinas, casas para xoaniñas e un hotel para paxaros.
As trampas xa as temos colocadas polas árbores do cole. As casiñas e o hotel, aínda as temos que rematar. 
Próximamente... o resultado!!!



O venres 29, a Asociación de alfombras florais de Bueu. Con eles confeccionamos alfombras con motivos musicais a base de casca de arroz coloreada, cunchas e outras sementes. 
Fermosa actividade que axuda a manter viva unha das tradicións da vila!!





domingo, 24 de marzo de 2019

Día da poesía e de dos bosques




Esta semana celebramos o día da poesía e dos bosques con dous visitas moi especiais: Míriam Ferradáns e Tino Resille.


Con Míriam falamos, recitamos e aprendemos de árbores, de versos... de todo.



Tino Resille, escultor e artesán que utiliza a madeira de xeito responsable, ofreceunos unha clase moi interesante.

En Radio Faladoiro podedes escoitar a entrevista a Tino que realizaron os alumnos/as de terceiro.

E o equipo de biblioteca e dinamización da lingua xa teñen  artellada unha actividade sobre a poesía e os bosques... así que nós xa dispostos a traballar...


sábado, 9 de marzo de 2019

8 de marzo

Celebramos o 8 de marzo cunha xornada moi especial. Recibimos a visita de nais traballadoras e científicas.Susana Bastón  e María José Cordero. explicaron os seu traballos e falaron de mulleres científicas.


Ás 12.30 tivo lugar un acto común no patio da escola, lectura dun manifesto elaborado polo alumnado de 5º. Estivo cargado de emocións ao relacionalo con mulleres da súa familia e o seus traballos co campo e o monte. Noraboa compañeir@s!!!

Agora traballaremos co material recompilado na elaboración de noticias para así celebrar a semana da prensa!!!



Obradoiro de emocións



O xoves 7 de marzo recibimos de novo a visita da Asociación Española contra o cancro de Bueu.

Nesta ocasión foi para facer un obradoiro moi especial sobre emocións no que a través de historias e imaxes o noso alumnado puido identificar a ledicia, a rabia, o medo.....
Grazas de novo por pensar en nós para realizar estas actividades!!!!


miércoles, 6 de marzo de 2019

Entroido...

Durante toda a semana  seguimos as instrucións de Torriño para acudir disfrazados ao cole .




O alumnado de primeiro e segundo organizou unha comparsa co nome…O despertar das árbores ….. A partir de agora comezamos un traballo de investigación sobre as árbores da Galicia que plasmaremos nun inventario.


Grazas familias pola vosa colaboración na confeción do disfraz, na elaboración dos doces de Entroido e no traballo sobre as árbores.

Bo Entroido a tod@s!!!!