Translate

lunes, 26 de noviembre de 2018

Celebramos o 25 N


Hoxe no noso cole, igual ca na maioría dos pobos e cidades manifestámosnos en contra da violencia.

No patio ás 12:30 tivo lugar un acto común no que os nenos/as de primeiro, segundo e terceiro fomos encargados de ler un manifesto de rexeitamento contra a violencia. A continuación tivo lugar a interpretación da canción que o profe Jose compuxo para a celebración deste día.

Todo o alumnado do cole participou na decoración do mural común, con mans violetas, que adorna a entrada da nosa escola, e na que o lema é SEMENTANDO O RESPECTO.






Podedes pinchar no enlace para escoltar a lectura do manifesto no programa de radio.

sábado, 24 de noviembre de 2018

Día internacional das árbores autóctonas



Logo de ter traballado cos libros "Árbore da escola"de Antonio Sandoval da editorial Kalandraka e "O Carballo con botas" de Antonio Sandoval da editorial Sotelo Blanco, confeccionamos un mural colectivo coas nosas árbores da escola e plantamos carballos e castiñeiros en botas vellas.


Seguimos despertando as sementes….








O noso invernadoiro





Durante esta semana, na clase de ciencias, cada un dos alumnos de 1º e 2º de primaria fixo a súa especial plantación para construír un invernadoiro nas fiestras das nosas aulas.

Os pasos moi sinxelos: nunha bolsa plástica de conxelados colocar tres paus ao redor, grapar, botar terra e finalmente as sementes. Logo colgar nas ventás, botar unha pouca auga e….. agardar a ver se espertan as sementes.





jueves, 15 de noviembre de 2018

EXCURSIÓN Á CORUÑA COS MAIORES DO COLE!

Este mércores,14 de novembro, @s nen@s de 3º fomos de excursión á Coruña acompañados dos compis de 4º,5ºe 6º e dos nosos profes!

Foi unha saída moi completa e non perdemos nin un só minuto xa que visitamos moitos lugares chulos!

Primeiro fumos ao museo MUNCYT e alí fixemos un taller de renovación do solo para concienciarnos da importancia que teñen os incendios incontrolados e como de deteriorado deixan  a nosa terra galega.























Tamén nos ensinaron varias salas deste museo de ciencia e tecnoloxía, como a do avión Lope de Vega
que transportou o Guernica de Picasso e alí o teñen exposto, a sala cos robots tan divertidos que falaban e por último tomamos as nosas deliciosas e elaboradas comidas no comedor do museo.






























Despois de comer fumos correndo para o Aquarium Finisterrae da Coruña, alí visitamos a sala do Nautulis co tiburón toro Gastón, a sala Maremagnum e a parte exterior coas divertidas focas.
















Foi un día moi completo e pasámolo pipa!!!

:)


domingo, 4 de noviembre de 2018

Celebrando un magosto terrorífico!!!!


O mércores 31 de outubro tivemos unha clase terrorífica na que non faltaron os  obradoiros de truco trato, apócema máxica , maquilaxe e manualidades. A  sesión de contos de medo cargo de Davila e Mary. Todo o colexio estivo ambientado para a festa e non faltaron cabazas decoradas polas familias coa temática do proxecto.

Para rematar a xornada celebramos o magosto con degustación de castañas e chourizos, tivemos xogos tradicionais e sesión discoteca.


Os divertidos de terceiro non faltaron á celebración coas súas mellores galas terroríficas!!!
O que mais nos gustaron foron as castañas e os bocatas de chourizo!!!







Traballamos moito coas familias para lucir estás espectaculares e terroríficas cabazas!!!Grazas!!🤩







Pasámolo de medoooo neste Samagosto!😋🤗

Pinchade nos enlaces para escoitar os programas de radio do Samaín e o Magosto realizados polo alumnado de infantil e 6º de primaria.


Día das bibliotecas escolares


Como cada 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas. Para comenzar a semana fixemos formación de usuarios: aprendemos as normas da nosa biblioteca e un pouquiño sobre onde atopar as temáticas que nos interesan e os libros adecuados á nosa idade.
O día 24, fomos padriños e madriñas dos nos@s compañeir@s de infantil e lles contamos un conto. Así enchemos o patio de contos, e contadores do contos.

Seguiremos desfrutando da nosa biblioteca escolar que nos…
AGARDA COS LIBROS ABERTOS!!!!!

Os nen@s de terceiro e as suas parellas de titores de quinto !!!
Encántanos escoltar historias 😊