Translate

jueves, 4 de julio de 2019

“O espertar das sementes: os segredos do bosque”


E chegou o día… o alumnado de primeiro e segundo presentou o seu proxecto “O espertar das sementes: os segredos do bosque”.

Na seguinte presentación podedes ver todo o que traballamos neste curso.

Noraboa rapaces…Bo traballo!!!


Excursión fin de curso á Illa de CORTEGADA


O 11 de xuño visitamos a Illa de Cortegada . Logo de chegar en autobús ata o porto de Carril, unhas barcas nos levaron ata alí. 
A Excursión resultou moi completa, descubrimos moitas especies de árbores, lendas e visitamos cada un dos rincóns da mesma. No día tampouco faltaron xogos e animación por parte dos monitores.
Foi unha xornada moi proveitosa e desfrutamos moitísimo todos e todas os nenos da escola!!!







I Romaría escolar e Chans




O 21 de maio con motivo da celebración das letras galegas, o equipo de dinamización da lingua, coa axuda do resto dos equipos, organizou unha romaría escolar na que non faltaron a plantación das árbores que sementamos nas botas, logo de esperar todo o curso ao seu espertar, xogos populares; merenda campestre e música tradicional da man de Retrouso. E todo na honra a Antón Fraguas, autor homenaxeado nas letras galegas.

Abril mes dos libros!!!


Realizamos unha chea de actividades propostas polo equipo de biblioteca e dinamización da lingua.: Hoxe no patio libro, apadriñamentos lectores, booktoubers, Intercambio de libros. 
Como actividade estrela tivemos a visita de Anxo Moure que levou unha grata sorpresa cando viu como sementaron as landras e as castañas que plantamos nas botas ao principio do curso con motivo do día dos bosques autóctonos.
Contounos moitos segredos dos bosques… e seguimos a traballar  no proxecto…




sábado, 30 de marzo de 2019

Esta semana... unha chea de actividades!!!


O luns,  25 de marzo, os nenos/as de 1º e 2º  visitamos o salón do libro salón. Este ano a temática é a Revolución e o autor homenaxeado Antonio García Teijeiro . Logo dun percorrido polo salón onde observamos e aprendemos, acudimos ao auditorio  a ver a obra Mai Mai, da man da compañía Boabab Teatro.



O mércores 27, na clase de ciencias, para rematar o noso proxecto sobre as plantas, construímos trampas para velutinas, casas para xoaniñas e un hotel para paxaros.
As trampas xa as temos colocadas polas árbores do cole. As casiñas e o hotel, aínda as temos que rematar. 
Próximamente... o resultado!!!



O venres 29, a Asociación de alfombras florais de Bueu. Con eles confeccionamos alfombras con motivos musicais a base de casca de arroz coloreada, cunchas e outras sementes. 
Fermosa actividade que axuda a manter viva unha das tradicións da vila!!





domingo, 24 de marzo de 2019

Día da poesía e de dos bosques




Esta semana celebramos o día da poesía e dos bosques con dous visitas moi especiais: Míriam Ferradáns e Tino Resille.


Con Míriam falamos, recitamos e aprendemos de árbores, de versos... de todo.



Tino Resille, escultor e artesán que utiliza a madeira de xeito responsable, ofreceunos unha clase moi interesante.

En Radio Faladoiro podedes escoitar a entrevista a Tino que realizaron os alumnos/as de terceiro.

E o equipo de biblioteca e dinamización da lingua xa teñen  artellada unha actividade sobre a poesía e os bosques... así que nós xa dispostos a traballar...


sábado, 9 de marzo de 2019

8 de marzo

Celebramos o 8 de marzo cunha xornada moi especial. Recibimos a visita de nais traballadoras e científicas.Susana Bastón  e María José Cordero. explicaron os seu traballos e falaron de mulleres científicas.


Ás 12.30 tivo lugar un acto común no patio da escola, lectura dun manifesto elaborado polo alumnado de 5º. Estivo cargado de emocións ao relacionalo con mulleres da súa familia e o seus traballos co campo e o monte. Noraboa compañeir@s!!!

Agora traballaremos co material recompilado na elaboración de noticias para así celebrar a semana da prensa!!!