Translate

domingo, 29 de septiembre de 2019

XORNADA CONVIVENCIA INICIO DE CURSO




Comezamos o día 11 de setembro cunha xornada lúdica . Houbo xogos, pintacaras, música e baile…

Xa temos as pilas máis que cargadas para afrontar este novo curso.

La imagen puede contener: una persona, exterior

La imagen puede contener: una persona, en el escenario, de pie, paseando, niño(a), cancha de baloncesto y exterior

NOVO MODELO EDUCATIVO



E xa estamos de volta con ganas para afrontar un novo curso escolar, o 2019-2020 

Este ano traemos moitas novidades: traballaremos por contextos de aprendizaxe, dándolle ao proceso de ensinanza aprendizaxe un enfoque máis global, facendo traballo cooperativo, mesturando alumnos/as por idades e poñendo moita moita ilusión … 

Porque cremos nesta forma de traballar, esperamos que sexa un éxito. 


Comenzamos……










jueves, 4 de julio de 2019

Festival fin de curso!!


E da man de Paco Nogueiras coa canción COS PES NA TERRA o alumnado de primeiro e segundo, descubrimos máis segredos dos bosques.

Poñemos así fín ao noso proxecto: “O ESPERTAR DAS SEMENTES. OS SEGREDOS DO BOSQUE”


“O espertar das sementes: os segredos do bosque”


E chegou o día… o alumnado de primeiro e segundo presentou o seu proxecto “O espertar das sementes: os segredos do bosque”.

Na seguinte presentación podedes ver todo o que traballamos neste curso.

Noraboa rapaces…Bo traballo!!!


Excursión fin de curso á Illa de CORTEGADA


O 11 de xuño visitamos a Illa de Cortegada . Logo de chegar en autobús ata o porto de Carril, unhas barcas nos levaron ata alí. 
A Excursión resultou moi completa, descubrimos moitas especies de árbores, lendas e visitamos cada un dos rincóns da mesma. No día tampouco faltaron xogos e animación por parte dos monitores.
Foi unha xornada moi proveitosa e desfrutamos moitísimo todos e todas os nenos da escola!!!