Translate

jueves, 16 de abril de 2020

MÁIS XOGOS DE "ANDAR POR CASA"

Boas de novo Familias, 

Hoxe vos propoño facer unhas carreiriñas pola nosa casa, pero levando algo nas nosas mans: UN PAPAVENTOS!

NESTE ENLACE tedes as instruccións para construír un dun xeito moi, moi sinxelo, e que pode voar sen necesidade de que haxa vento, só tedes que CORRER!

Moito ánimo e....A XOGAR!!!

miércoles, 15 de abril de 2020

lunes, 13 de abril de 2020

AMAZING EASTER EGG HUNT with KATIE

Boas Familias!

Volvemos de novo da man da nosa encantadora Auxiliar Katie, que nos sorprende cun fantástico vídeo para preparar unha EASTER EGG HUNT, moi divertida! Dádelle ao "play" e....a APRENDER e a XOGAR!


viernes, 3 de abril de 2020

EASTER EGG HUNT

Boas familias,

Como xa estamos case en Pascua, que vos parece facer na casa un xogo divertidísimo relacionado con esta temática? NESTE ENLACE atoparedes as instruccións dunha EASTER EGG HUNT, para xogar en familia. The EASTER BUNNY esconde os ovos e os demáis... a buscalos! 

Este xogo está baseado no que realmente xogan en EASTER os rapaces e rapazas de países de fala inglesa, como os Estados Unidos, de donde é Katie.

Se vos apetece saber un pouco máis desta tradición, pinchade na imaxe de abaixo, e poderedes ver un traballo realizado por unha compañeira de outro cole, onde explica toda esta celebración á perfección.

HAPPY EASTER!

Easter Celebrationsin the United StatesCEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ –OURENSEBy Erika Nielsen


jueves, 2 de abril de 2020

Actividades Musicais

Aquí están as actividades propostas polo profe Jose. Premendo na imaxe podedes visitalas. Animádevos, son actividades moi divertidas para días de cuarentena.

https://jmarinocordeiro.wixsite.com/tarefascuarentena/1o-e-2o-de-primaria


lunes, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADES MATEMÁTICAS

Ola!!

Para esta semana propóñovos ver este conto e facer os retos que vos plantexo ao final.

Picade na imaxe para acceder ao conto!



E agora atentos ás propostas de actividades!! Picade na imaxe:



Podedes facer un debuxo ou unha foto das vosas respostas e envialo a: ceipdatorrecela@gmail.com

Adiante!! A buscar matemáticas por casa!!

Bicos,

Miriam