Translate

domingo, 18 de febrero de 2018

Entroido





“Os Tesouros do Mar” formados por mariñeiros, peixeiras, calamares, polbos, centolas, mexilóns e outos peixes  percorreron as rúas de Bueu o venres 9 de febreriro.


Para rematar a festa degustamos no colexio postres típicos aportados polas familias.

Que ben o pasamos!!!



domingo, 21 de enero de 2018

Nadal

E chegou o Nadal e con el moita festa no noso cole, co festival, a visita de Papá Noel e a festa de fin de ano que organizou a Anpa.






FELIZ ANO A TODOS/AS.

Postais de Nadal

Un ano máis fixemos postais para felicitar o Nadal. Este ano aos nosos compañeiros de 5 anos. As ilustracións estiveron relacionadas cos nosos tesouros. 

domingo, 19 de noviembre de 2017

MANUALIDADE A ILLA DE ONS

Comezamos cunha actividade plástica da illa. Logo da búsqueda dun mapa demos volume con plastilina de cores verdes, sinalamos as praias que faremos con area. Unha vez rematada, localizaremos os lugares máis destacados.

Aquí vos adiantamos o noso traballo que aínda está sen rematar




TRABALLANDO AS EMOCIÓNS

Como cada venres a profe Mariló  fixo unha sesión para traballar as emocións. Nesta ocasión o conto era LÁGRIMAS BAJO LA CAMA. Logo dun gran traballo sobre o conto, descubrimos que chorar non é malo, que hai que mostrar o que sentimos….
E así ilustramos e escribimos  o que nos produce bágoas.



Nos encantan as visitas de Mariló dos venres!!!

A MIÑA CABAZA

Nesta ocación acudimos a biblioteca para facer unha descrición sobre as nosas cabazas, todas relacionadas co noso proxecto sobre a illa de Ons. 
Fixemos un traballo de expresión escrita na que non faltaron  os polbos, as praias e o faro da nosa illa, o noso tesouro.