jueves, 4 de julio de 2019
“O espertar das sementes: os segredos do bosque”
E chegou o día… o alumnado de primeiro e segundo presentou o
seu proxecto “O espertar das sementes: os segredos do bosque”.
Na seguinte presentación podedes ver todo o que traballamos
neste curso.
Noraboa rapaces…Bo traballo!!!
Excursión fin de curso á Illa de CORTEGADA
O 11 de xuño visitamos a Illa de Cortegada . Logo de chegar
en autobús ata o porto de Carril, unhas barcas nos levaron ata alí.
A Excursión resultou moi completa,
descubrimos moitas especies de árbores, lendas e visitamos cada un dos rincóns
da mesma. No día tampouco faltaron xogos e animación por parte dos monitores.
Foi unha xornada moi
proveitosa e desfrutamos moitísimo todos e todas os nenos da escola!!!
I Romaría escolar e Chans

O 21 de maio con motivo da celebración das letras galegas, o
equipo de dinamización da lingua, coa axuda do resto dos equipos, organizou unha
romaría escolar na que non faltaron a plantación das árbores que sementamos nas
botas, logo de esperar todo o curso ao seu espertar, xogos populares; merenda
campestre e música tradicional da man de Retrouso. E todo na honra a Antón
Fraguas, autor homenaxeado nas letras galegas.
Abril mes dos libros!!!
Realizamos unha chea de actividades propostas polo equipo de
biblioteca e dinamización da lingua.: Hoxe no patio libro, apadriñamentos
lectores, booktoubers, Intercambio de libros.
Como actividade estrela tivemos a
visita de Anxo Moure que levou unha grata sorpresa cando viu como sementaron as
landras e as castañas que plantamos nas botas ao principio do curso con motivo
do día dos bosques autóctonos.
Contounos moitos segredos dos bosques… e seguimos a
traballar no proxecto…
sábado, 30 de marzo de 2019
Esta semana... unha chea de actividades!!!
O luns, 25 de marzo, os nenos/as de 1º e 2º visitamos o salón do libro salón. Este ano a
temática é a Revolución e o autor homenaxeado Antonio García Teijeiro . Logo
dun percorrido polo salón onde observamos e aprendemos, acudimos ao auditorio a ver a obra Mai Mai, da man da compañía Boabab
Teatro.
O mércores 27, na
clase de ciencias, para rematar o noso proxecto sobre as plantas, construímos
trampas para velutinas, casas para xoaniñas e un hotel para paxaros.
As trampas xa as
temos colocadas polas árbores do cole. As casiñas e o hotel, aínda as temos que
rematar.
Próximamente... o resultado!!!
O venres 29, a Asociación
de alfombras florais de Bueu. Con eles confeccionamos alfombras con motivos
musicais a base de casca de arroz coloreada, cunchas e outras sementes.
Fermosa
actividade que axuda a manter viva unha das tradicións da vila!!
domingo, 24 de marzo de 2019
Día da poesía e de dos bosques
Esta semana celebramos o día da poesía e dos bosques con dous visitas moi especiais: Míriam Ferradáns e Tino Resille.
Con Míriam falamos, recitamos e aprendemos de árbores, de versos... de todo.
Tino Resille,
escultor e artesán que utiliza a madeira de xeito responsable, ofreceunos unha
clase moi interesante.
En Radio Faladoiro podedes escoitar a entrevista a Tino que realizaron os alumnos/as de terceiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











