Translate

lunes, 2 de julio de 2018

Festival fin de curso


As actuacións do festival de fin de curso tiñeron  relación co proxecto "A ILLA DE ONS".

A actuación do alumnado de primeiro foi "Desenterrando os nosos tesouros A ILLA DE ONS" con sombras chinesas. Representaron con esta técnica unha historia de Ons na que aparecen os tesouros da Illa.

O alumnado de segundo realizou unha  adaptación dunha obra musical titulada “ O trasplante”. É unha historia de humor na que un home enferma, os doutores din que curará en Ons, pero ao chegar ao barco non lle deixan subir porque din que alí non hai doutor. Entón realizan o tratamento oportuno e cando parece que está curado cae. Os doutores rematan convencidos de que onde sanará será en Ons.

No seguinte video podedes ver as actuacións. A de primeiro está ao comezo do vídeo e a de segundo está a partir do minuto 4:44.


Felices vacacións e ata o próximo curso!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario