Translate

viernes, 25 de octubre de 2019

Unha mensaxe do planeta verde no día das bibliotecas escolares


Nalgún punto moi afastado do universo existe un planeta no que todos os seres viven integrados na súa contorna e en equilibrio coa súa naturaza. O planeta Verde. Dende ese planeta somos observados e teñen preocupación. Por iso nos envían axuda.
O habitante  número 523 dese planeta, visita o noso cole coa misión de formar a novos ecoheroes que salven a Terra. Acaba de cegar a Cela e …deixou esta mensaxe

DURANTE O CURSO TEREDES QUE TRABALLAR XUNTOS PARA MELLORAR A SAÚDE DA TERRA….


E remata dicindo que si queremos participar agardemos novas mensaxe.

E por suposto que imos participar nesta misión aportando o noso gran de area.

Esta mensaxe tan especial que nos chegou no día das bibliotecas escolares, a vimos na nova biblioteca, que aínda que está sen rematar …ten moi boa pinta.
Non faltaron neste día os apadriñamentos lectores e un agasaio moi especial,  unha chapa de Torriño superheroe.







No hay comentarios:

Publicar un comentario