Translate

domingo, 19 de enero de 2020

E chegou o Nadal!!!


Durante este mes traballamos no contexto Lingüístico sobre esta celebración: unha árbore de Nadal con superdesexos, un vídeo para felicitar as festas, obradoiro de postais, menú para o Nadal e contos co superhéroe Capitán corazón verde.


 




Non faltou a colaboración das familias que nos ofreceron obradoiros de contacontos e manualidades.
Tamen tivemos a visita dos paxes reais, a festa de fin de ano e a celebración do festival de Nadal.


VÍDEOS E FOTOS FESTIVAL E OBRADOIROS
BO NADAL E FELIZ 2020!!!





lunes, 4 de noviembre de 2019

Samagosto = Samaín + Magosto



Un ano máis desfrutamos das festas do Samaín e do Magosto nun día. 

Na primeira parte da mañá celebramos o Samaín con obradoiros de maquillaxe, truco o trato apócema máxica e super contos a cargo de Mary Acuña e Luís Davila.

A partir das 12:00 horas chegou a hora do magosto co tradicional asado de castañas xogos tradicionais e disco dance.

Non fallaron as cabazas adornadas de superheroes aportadas polas familias, e corredores e espacios comúns foron decorados seguindo a temática do proxecto anual, con fotocol incluído.

E a pesar da climatoloxía a festa saíu de medo…

Grazas a todas as familias que colaboraron con nós para que fose un éxito!!!






No seguinte enlace podedes pinchar e escoitar os programas de radio que o alumnado de primeiro e segundo de primaria preparamos no contexto lingüístico.


viernes, 25 de octubre de 2019

Traballando por contextos



Vos presentamos o contexto lingüístico.Nel traballamos en catro recantos: tratamento da información, xogando coas letras , faladoiro e creativo.

Neste segundo contexto linguístico a temática é  Samaín + Magosto= SAMAGOSTO


Aquí unha pequena mostra das nosas actividades:

XOGANDO COAS LETRAS


CREATIVO. Facemos carteis coas instrucións dadas



 FALADOIRO. Traballamos nun programa de radio sobre o Samaín e o Magosto


TRATAMENTO DA INFORMACIÓN . Traballamos a lectura e a comprensión lectora a partir de diferentes soportes.


Unha mensaxe do planeta verde no día das bibliotecas escolares


Nalgún punto moi afastado do universo existe un planeta no que todos os seres viven integrados na súa contorna e en equilibrio coa súa naturaza. O planeta Verde. Dende ese planeta somos observados e teñen preocupación. Por iso nos envían axuda.
O habitante  número 523 dese planeta, visita o noso cole coa misión de formar a novos ecoheroes que salven a Terra. Acaba de cegar a Cela e …deixou esta mensaxe

DURANTE O CURSO TEREDES QUE TRABALLAR XUNTOS PARA MELLORAR A SAÚDE DA TERRA….


E remata dicindo que si queremos participar agardemos novas mensaxe.

E por suposto que imos participar nesta misión aportando o noso gran de area.

Esta mensaxe tan especial que nos chegou no día das bibliotecas escolares, a vimos na nova biblioteca, que aínda que está sen rematar …ten moi boa pinta.
Non faltaron neste día os apadriñamentos lectores e un agasaio moi especial,  unha chapa de Torriño superheroe.